domingo, 22 de abril de 2018

O JUAN MANUEL


O JUAN MANUEL



O Juan Manuel” é un mozo da vila de Maceda é alto e algo forte duns corenta anos. Sempre anda coa súa bicicleta tuneada, pois leva unha radio, e ata lle ten chaves, coma se dunha moto se tratara; ata leva casco.
No entroido garda civil é, e na rúa principal da vila se planta a dirixir o tráfico. Pero non só foi no entroido, nunha longa ponte festiva quixo dirixilo, aínda que a xente da vila sabía quen era, os forasteiros paraban e facíanlle caso ás súas instrucións. Todos e todas rían e rían vendo tal situación. Cando seu irmán, que é garda civil, o soubo, foi buscalo. Pero a xente segue rindo e rindo co “O Juan Manuel”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MARÍA VICTORIA MORENO